Escola de Música e Banda "Sementeira" de Cambre

Orgullo das Mariñas dende 1.978

A Asociación

Presentación da Asociación.

A Asociación SEMENTEIRA CAMBRE constitúese  como asociación ao amparo da Lei Orgánica 01/2002, do 22 de marzo e está inscrita no Rexistro Central de Asociacións sen ánimo de lucro.

A Escola

Historia.

A Escola de Música “SEMENTEIRA”, comeza a súa andaina no ano 1978 nas parroquias de Altamira e Anceis, en Cambre (A Coruña), adicándose primeiramente ó ensino da gaita e do baile folclórico galego. Axiña se forma un numeroso GRUPO DE BAILE; ó mesmo tempo, moitos rapaces coa axuda dos profesores aprenden tamén a tocar a gaita e fórmase o grupo de gaitas.

A Banda

Historia da Banda.

A BANDA DE MÚSICA “SEMENTEIRA” DE CAMBRE fai a súa presentación oficial no Local “A Xuventude de Cecebre” o 27 de decembro de 1986, formada e dirixida polo recoñecido mestre D. Francisco Rivas Andrade, dende a súa formación, ata o ano 2001. Baixo a súa batuta ofreceu numerosos concertos por toda Galicia, actuando tamén en Asturias, Valencia e Portugal, sendo destacable a súa participación no programa da TVG “Con Música Propia”.