BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Publicado

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

ESCOLA DE MÚSICA “SEMENTEIRA” DE CAMBRE

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Este ano, dende a Directiva de Sementeira, propuxémonos iniciar un proxecto de recollida e reutilización dos libros de texto que manexamos na Escola, co fin de darlles un segundo uso e facer menos gravosas as compras de setembro.

Para este fin precisamos da vosa colaboración. O sistema é:

Os libros que se doen:

  • han de estar en bo estado
  • han de aparecer na listaxe de libros que se usarán o vindeiro curso
  • na táboa adxunta, na columna encabezada por “Doa” poñerase “X” no recadro do libro que corresponda
  • entregaranse na Escola (conserxaría) os días 26, 27 e 28 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 h.

Os libros que se soliciten:

  • na táboa adxunta, na columna encabezada por “Solicita” poñerase “X” no recadro do libro que corresponda
  • adxudicaranse segundo o seguinte sistema de baremos por Puntos:
    • Doante: 3 ptos / libro doado
    • 2 ou máis irmás/irmáns cursando Linguaxe Musical na  Escola ao longo dos anos anteriores: 2 ptos/nena-o.
    • Alumnas/os que inicien 1º ano no curso 2017-18: 1 pto se cursou Música e Movemento na Escola no curso anterior.
  • poderanse recoller na conserxaría na semana do 11 ao 15 de setembro en horario de 16:00 a 21:00 h.

 

NOTA: Solicitade na conserxaría o documento correspondente, cubrindo e
recortando pola liña de puntos, entregando a metade inferior. A parte

superior do documento servirá como comprobante voso da

doazón/solicitude.

 

Descargar Impreso banco de libros

Cambre, a 1 de xuño de 2017

Atentamente,

Xunta Directiva SEMENTEIRA CAMBRE