MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ESCOLA DE MÚSICA CURSO 2017/2018

Publicado

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ESCOLA DE MÚSICA CURSO 2017/2018

A Escola de Música Sementeira de Cambre abre un prazo de matrícula extraordinaria desde o luns 4 de setembro ata o venres 8. Quedan prazas libres nas disciplinas de Música en Familia (mércores de 17:30 a 18:30h), Música e Movemento (varios horarios) e nos instrumentos de trompa, trombón, bombardino, tuba e violoncello. Dispoñen de máis información na Escola en horario de 16:00 a 21:00h e na páxina web www.sementeiracambre.org