Grupo de Música Popular e Coro Sementeira de Cambre en Ancoradoira

Publicado

Grupo de Música Popular e Coro Sementeira de Cambre en Ancoradoira

Este sábado 21 de outubro o Grupo de Música Popular Sementeira xunto co Coro Sementeira de Cambre participarán na XXVII edición do Festival Folclórico Ancoradoira que se celebrará no Paseo Marítimo do Burgo.
A partir das 19:00h dará comezo o Encontro Folclórico coas actuacións do Grupo de Música Popular Sementeira e o Coro Sementeira; A. C. Aturuxeiras de Cedeira; A. C. Bailes Tradicionales San Froilán de León; e A. F. Ancoradoira.
Ademais do Encontro, desfrutaremos de diversas actividades ao longo do día como o Festival Infantil ás 12:00h e xogos populares e tradicionais despois do xantar.
Achégase cartel coa información. CARTEL