CONCERTO E CEA NA HONRA DE SANTA ICÍA

Publicado

CONCERTO E CEA  NA HONRA DE SANTA ICÍA

Benqueridas/os socias/os, nais, pais, alumnas/os e achegadas/os:
Coma todos os anos, invitámolos a asistir ao CONCERTO NA HONRA DE SANTA ICÍA, patroa dos músicos, que nesta ocasión será no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música De Culleredo, en O Burgo, o vindeiro SÁBADO 25 DE NOVEMBRO de 2017, ás 20:00 h, onde a nosa Banda de Música “SEMENTEIRA” de Cambre actuará xunto co Coro Parroquial de Sigrás e o Coro “Sementeira” de Cambre.
Ademais, a continuación terá lugar a tradicional CEA – BAILE de confraternidade, que se celebrará no RESTAURANTE PARRILLADA LA JUVENTUD DE CECEBRE, ás 22:30 h, aproximadamente.

MENÚ será:
Entrantes: Buñuelos con marisco
1º Prato: Ameixas á mariñeira
2º Prato: Codillo ao forno ou Merluza ao forno Postre: Tarta da avoa caseira
Café
Viños Rioja crianza; auga, refrescos e cervexa. Prezo: 22 €/persoa

MENÚ INFANTIL
1º Prato: Croquetas caseiras
2º Prato: Milanesa de polo con patacas Postre: Tarta da avoa caseira
Auga, refrescos
Prezo: 10 €/persoa.

Para facilitar a organización, rogamos confirmen a asistencia ingresando o prezo correspondente no número de conta indicado, ou tamén pagando en efectivo na recepción de Sementeira, en horario de luns a venres de 16 a 21 h (o luns 20 de novembro como moi tarde). Así mesmo, o que teña algunha particularidade sobre o menú (sen sal, vexetariano…) o faga constar no momento do pago en efectivo ou por correo electrónico no prazo indicado, e indique tamén a/s opción/s elexidas: carne/peixe/infantil.
NÚMERO DE CONTA (Abanca)
ES30 – 2 0 8 0 – 0 0 4 8 – 2 9 – 3 0 4 0 0 0 2 2 8 8

Concepto: SANTA ICÍA 2017-Carne/peixe/infantil
Aproveitando a ocasión, informámoslles que a Asociación Sementeira Cambre, como todos os anos, participa na Lotería Nacional de Nadal, xogando este ano o número 66.638. Igualmente, teremos unha cesta de Nadal que se sorteará o Venres Musical do próximo 15 de decembro. Ambas cousas, estarán a súa disposición na recepción da Escola, de luns a venres, de 16 a 21 h.
Esperando contar con vostedes para ese día tan especial, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.