CONCERTO DE SANTA ICÍA NA ESCOLA

Publicado

CONCERTO DE SANTA ICÍA NA ESCOLA

O próximo mércores 22 de novembro é o día de Santa Icía, a patroa da música. Por este motivo, ao longo da tarde ofreceremos pequenos concertos na entrada da Escola, desde as 17:15 ata as 20:15 cada media hora. O punto final musical o porá a Banda Xuvenil no Salón de ensaios.

Aproveitamos a ocasión para presentar a nosa xa tradicional Cesta de Nadal e recordamos tamén que temos Lotería de Nadal, xogamos co 66638!

Aínda que non vos coincida no voso horario habitual de clase, pasádevos a desfrutar dalgún destes momentos.

Un saúdo.