V FESTIVAL DE GRUPOS DE PERCUSIÓN

Publicado

V FESTIVAL DE GRUPOS DE PERCUSIÓN

Outra das citas importantes do ano é a invitación que fan desde o Conservatorio Profesional da Coruña á aula de Percusión da Escola.

O venres 27 de abril ás 19h participaremos no V Festival de Grupos de Percusión no Conservatorio Profesional de Música da Coruña xunto con outras Escolas e Conservatorios da contorna: Conservatorio Superior da Coruña; Conservatorio do Colexio Internacional Eirís; Escola de Música de A Fábrica de Oleiros; Conservatorio Profesional do Colexio Obradoiro; Conservatorio Profesional de Pontevedra.