AULA ABERTA MEF

Publicado

AULA ABERTA MEF

Este venres 25 de maio realizaremos na Escola de Música Sementeira de Cambre unha xornada de portas abertas da disciplina de Música en Familia. Trátase dunha actividade que nos axuda a interactuar coa nosa crianza de 1 a 3 anos coa música como elemento mediador.
Haberá dúas sesións: ás 17:30 e ás 18:30h.
Por curiosidade, por probar, por facer algo diferente… Da igual o motivo. Vinde a desfrutar dun rato musical.