CONCERTO BMSC XVII PREMIOS “LA OPINIÓN A CORUÑA”

Publicado

CONCERTO BMSC XVII PREMIOS “LA OPINIÓN A CORUÑA”

Este venres 11 de maio, ás 20:30h, no Teatro Rosalía de Castro, a Banda de Música “Sementeira” de Cambre actuará na gala de entrega dos XVII Premios Opinión da Música de Raíz, organizados polo diario “La Opinión A Coruña” co espectáculo Unha Volta Darredor- un percorrido polas músicas das Mariñas, no que a Banda compartirá esceario con músicos tradicionais de Oleiros, Sada, Miño e Bergondo, baixo a dirección musical de Pedro Lamas.