AULA ABERTA MEF

Publicado

AULA ABERTA MEF

A disciplina de Música en Familia que impartimos na Escola Sementeira trátase dunha materia que intenta conectar emocións entre pais, nais e crianzas. Se coñecedes familias con nenas e nenos con idades comprendidas entre 1 e 3 anos, non dubidedes en falarlles de nós e animarlles a participar na nosa Xornada de Portas Abertas, que terá lugar o venres 15 de xuño en dúas sesións, ás 17:30 e ás 18:30h.

Máis información na Escola e no teléfono 981655441 en horario de 16:00 a 21:00h.

Probade!