NOVIDADES XANEIRO

Publicado

NOVIDADES  XANEIRO

Comezamos o ano recordando a nosa disciplina de Música en Familia para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Trátase dunha actividade para aprender a relacionarte coa túa crianza a través da música. Aínda hai prazas para o grupo dos martes de 17:30 a 18:30h e a posibilidade de formar grupo novo os xoves de 17:30 a 18:30h.

Pódese probar a primeira clase sen compromiso.

 

E como novidade, abrimos matrícula en Música e Movemento ata completar grupos. Tamén ofrecemos a opción de asistir a unha clase gratuíta. As posibilidades son:

  • Música e Movemento I (4 e 5 anos): luns de 17:30 a 18:30h.
  • Música e Movemento I en inglés (4 e 5 anos): mércores de 18:30 a 19:30h.
  • Música e Movemento II en inglés (6 e 7 anos): venres de 18:30 a 19:30h.