COMUNICADO XUNTA DIRECTIVA

Publicado

COMUNICADO XUNTA DIRECTIVA
Estimadas/os socias/os,

Despois das recentes publicacións en prensa, redes sociais e demais medios, sobre a situación actual da nosa entidade, e despois do acordado na asemblea xeral do pasado 30 de xaneiro 2019, simplemente transmitir tranquilidade e aclarar que estamos a traballar en atopar as solucións que garanten a continuidade da actividade da asociación.

Así mesmo, a Asociación Sementeira Cambre reivindícase como entidade libre e independente e alonxada de calquera signo político, sen ningún interese máis que o musical.

Un saúdo

A Xunta Directiva