Sorteo Extraordinario verán 2019

Publicado

Sorteo Extraordinario verán 2019

O próximo domingo 14 de abril a Banda de Música Sementeira de Cambre participa no XIII Certame Internacional de Bandas de Música Vila de La Sénia (Tarragona). Para axudar a sufragar os gastos que xurden, realizamos o Sorteo Extraordinario de Verán o venres 21 de xuño de 2019 durante o Concerto Fin de curso da Escola.

Por 3€ escolledes un número co cal participades no dobre sorteo. De primeiro premio podedes gañar un patinete eléctrico Xiaomi e de segundo premio rifaremos un cheque de 100€ para gastar na tenda de música Piccolo Music Store.

Na recepción da Escola tedes máis información.

Un saúdo.

 

A Xunta Directiva