A BMSC NO XIII CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE SÉNIA (TARRAGONA)

Publicado

A BMSC NO XIII CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE SÉNIA (TARRAGONA)

Este domingo 14 de abril, a Banda de Música Sementeira de Cambre, competirá no XIII CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE SÉNIA, na provincia de Tarragona. A nosa banda de música leva varios meses preparando esta importante cita, uns dos certames de bandas de música máis prestixiosos dentro do panorama nacional e internacional. 
O programa a interpretar pola BMSC, consta, en primeiro lugar, dun desfile exterior, no que tocarán o pasodobre A Freixa, de Indalecio Fernández Groba, e, xa no esceario, o pasodobre de presentación Bagaxes, de Carlos Rodríguez Torres. A continuación, interpretarán a obra obrigada (común para todas as bandas en concurso) de Luis Serrano Alarcón: Three Sketches for wind ensemble. E, por último, a obra libre, escollida pola BMSC, Marea Negra, do compositor galego Antón Alcalde, que se trata dunha pequena sinfonía descriptiva, que narra (ou mellor dito), describe o acontecido en Galiza o funesto día 13 de novembro do 2002. Día que Galiza recordará con pena o desastre natural producido na súas rías por causa do petroleiro “Prestige”, portador de 77.000 toneladas de fuel das cales 64.000 foron vertidas nas costas galegas.