CONCERTO BANDA XUVENIL SEMENTEIRA E BMMC

Publicado

CONCERTO BANDA XUVENIL SEMENTEIRA  E BMMC

A Banda Xuvenil Sementeira de Cambre foi convidada a participar nun concerto xunto coa Banda Municipal de Música da Coruña. Supoñemos que imaxinades a emoción coa que iniciamos este proxecto e a ilusión que nos fai invitarvos a compartir esta experiencia con nós.

Terá lugar este domingo 12 de maio de 2019 ás 12:15h no Pazo da Ópera. A entrada é de balde ata completar aforo.