NOVIDADES CURSO 2019-2020

Publicado

NOVIDADES CURSO 2019-2020

Xa sabemos que nestas datas estamos pensando máis na praia que no curso seguinte, aínda así volvo contaros as últimas noticias en canto ás materias que impartiremos desde setembro.

Primeiro falarvos do Coro Infantil: pensado para crianzas a partir dos 8 anos e ata os 14 -15, farase unha hora á semana os luns de 19:30 a 20:30h. Tedes aulas abertas durante todo o mes de setembro para probar. Despois a cota mensual é de 8€.

Empezamos con Baile Tradicional e para celebralo tamén faremos aulas abertas no mes de setembro. A cota mensual é de 15€. Está repartido en dous horarios segundo idade:

  • De 4 a 8 anos: xoves de 17:30 a 18:30h.
  • De 9 a 12 anos: xoves de 16:30 a 17:30h.

Por último, decirvos que as clases comezan o mércores 11 de setembro pero a Escola estará aberta no seu horario habitual de 16 a 21h desde o 2 de setembro.