INAUGURACIÓN DO CURSO 19-20

Publicado

INAUGURACIÓN DO CURSO 19-20

Aínda que as clases comezaron hai 3 semanas, a Asociación Sementeira Cambre fará a inauguración do curso académico o próximo mércores 2 de outubro ás 18:30h cunha charla – presentación do libro “Esto es pop” da man do seu autor Javier Becerra.

Esperámosvos na Escola para escoitar, cantar, bailar, vivir grandes temas que nos levarán a facer un repaso de momentos clave da historia da música pop nun ton divulgativo e adaptado para crianzas.