CONCERTO E CEA NA HONRA DE SANTA ÍCIA 19

Publicado

CONCERTO E CEA NA HONRA DE SANTA ÍCIA 19

Coma todos os anos, invitámolos a asistir ao CONCERTO NA HONRA DE SANTA ICÍA, patroa dos músicos, que nesta ocasión será no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música De Culleredo, no Burgo, o vindeiro SÁBADO 23 DE NOVEMBRO de 2019, ás 20:00 h, onde actuará a nosa Banda de Música Sementeira de Cambre ademais do Coro Parroquial de Sigrás e Coro Sementeira de Cambre, que o farán conxuntamente.

Ademais, a continuación terá lugar a tradicional CEA – BAILE de confraternidade, que se celebrará no RESTAURANTE CASA BECERRA, en Bribes, ás 22:30 h, aproximadamente, e estará amenizada por un grupo musical.

O MENÚ será:

1º Prato: Ameixas á mariñeira

2º Prato: Carrilleiras de tenreira ou Pescada á galega Postre: Brownie de chocolate con xeado de vainilla Café e chupito

Viños da casa; auga, refrescos e cervexa. Prezo: 25 €/persoa

MENÚ BÁSICO
1º Prato: Tortilla, calamares e croquetas.
2º Prato: Milanesa de polo con patacas.
Postre: Brownie de chocolate con xeado de vainilla Auga, refrescos.
Prezo: 10 €/persoa.

Para facilitar a organización, rogamos confirmen a asistencia ingresando o prezo correspondente no número de conta indicado, ou tamén pagando en efectivo na recepción de Sementeira, en horario de luns a venres de 16 a 21 h (luns 18 de novembro como moi tarde). Así mesmo, o que teña algunha particularidade sobre o menú (sen sal, vexetariano…) o faga constar no momento do pago en efectivo ou por correo electrónico no prazo indicado.

NÚMERO DE CONTA (Abanca)

ES30 – 2 0 8 0 – 0 0 4 8 – 2 9 – 3 0 4 0 0 0 2 2 8 8

Concepto: SANTA ICÍA 2019

Aproveitando a ocasión, informámoslles que a Asociación Sementeira Cambre, como todos os anos, participa na Lotería Nacional de Nadal, xogando este ano o número 76.005. Igualmente, teremos unha cesta de Nadal que se sorteará no concerto na escola do próximo venres 20 de  decembro. Ambas cousas, estarán a súa disposición na recepción da Escola, de luns a venres, de 16 a 21 h.

Esperando contar con vostedes para ese día tan especial, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

A XUNTA DIRECTIVA SEMENTEIRA CAMBRE