RESERVA DE PRAZA 2020-2021

Publicado

RESERVA DE PRAZA 2020-2021

Xa estamos na fase 2 cara á nova normalidade! Xa falta menos para volver ás aulas, e sobre todo aos concertos presenciais que tanto botamos en falta.

Desde a Escola de Música Sementeira non paramos de traballar, de buscar a fórmula exacta para seguir coa nosa oferta formativa, mais a día de hoxe non dispoñemos da información nin das instrucións suficientes para facilitar todos os datos que queredes saber. O que si queremos garantir é que volveremos en setembro con todas as medidas hixiénico – sanitarias que correspondan para impartir as disciplinas con toda a seguridade que necesitamos toda a comunidade educativa.

Por isto, a reserva de praza deste curso non se fará cos horarios á vista, non podemos poñer horarios, senón que precisamos saber todo o anterior e tamén quen está interesada/o en continuar. Pedímosvos que contestedes a este mail en calquera dos casos:

  • Non quero continuar na Escola de Música e me quero dar de baixa (aquí)
  • Quero continuar na Escola de Música (aquí)

Contestando a este mail coa opción “Quero continuar na Escola” asegurades a vosa praza para o próximo curso 2020-2021. Mantendrémosvos informadas/os en todo momento de todas as pautas que se vaian marcando e enviaremos en canto nos sexa posible os novos horarios, ademais de publicalos na páxina web da Escola www.sementeiracambre.org

O prazo vai desde hoxe 1 de xuño até o 15 inclusive.

Calquera dúbida que teñades ou calquera cousa que nos querades comentar, estaremos á vosa disposición neste mail ou no teléfono da Escola, no móbil 650 550 849.

Esperamos que esteades ben, con forza e con ganas para saír desta!

Un saúdo e saúde!

A Dirección