Saúda

Saúda.

Benvidos a páxina web da Asociación Sementeira de Cambre.

Dende o ano 1978, a Escola Sementeira, tomando como referencia a calidade no ensino, converteuse nunha alternativa coherente na formación musical.

O obxetivo principal da nosa Asociación é o desenrolo das capacidades creativas e interpretativas daqueles nen@s e adult@s que desexen unha formación musical, independentemente que ésta sexa no plano profesional ou no afecionado.

Un dos valores fundamentais na Escola “Sementeira” de Cambre, é o recoñecemento de que, dende a infancia, o contacto coa música desperta a creatividade e sensibilidade, favorecendo as relacións cos demais.

Estamos orgullosos do gran número de alumnos que pasaron pola nosa escola. Moitos deles formaron ou forman parte da Banda de Música “Sementeira” de Cambre, que fai as ledicias de quen a escoita.

Banda que pola sua calidade acadou importantes premios no ámbito autonómico e nacional.

A música non e mais que enerxía compartida que divirte a un mesmo e aos demais.