A Banda

Historia da Banda.

A BANDA DE MÚSICA “SEMENTEIRA” DE CAMBRE fai a súa presentación oficial no Local “A Xuventude de Cecebre” o 27 de decembro de 1986, formada e dirixida polo recoñecido mestre D. Francisco Rivas Andrade, dende a súa formación, ata o ano 2001. Baixo a súa batuta ofreceu numerosos concertos por toda Galicia, actuando tamén en Asturias, Valencia e Portugal, sendo destacable a súa participación no programa da TVG “Con Música Propia”.

É unha banda de música formada maiormente por xóvenes que comenzaron aprendendo Linguaxe Musical e instrumentos de Banda da propia Escola, gracias ó recoñecido prestixio do cadro de profesores colaboradores; este comezo sentará as bases para que os alumnos fagan a carreira de música gañando difíciles oposicións a nivel rexional e nacional.

Dende o ano 1997 “Sementeira” organiza, xunto coa Concellería de Cultura de Concello de Cambre o “FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE CAMBRE”. Esta iniciativa ten unha boa acollida tanto entre a poboación como entre os compoñentes das bandas que ó longo destes anos se veñen invitando, de ahí que se manteña como unha cita anual no mes de agosto.

Na actualidade, o número de compoñentes da Banda de Música “Sementeira” de Cambre, Xuvenil e Titular, é de 90, e dende o ano 2001 segue actuando en numerosos concertos por toda Galicia dirixida por D. Francisco Javier Vidal Suárez, mestre solista da Banda Municipal da Coruña.

No ano 2004, organizado pola Área de Cultura e Benestar Social do Concello de Cambre, tivo lugar, con grande éxito de público e lugar a moitas noraboas pola iniciativa o “1º CONCERTO DE MÚSICA VOCAL E INSTRUMENTAL”, no que baixo a dirección de D. Francisco Xavier Vidal Suárez, actuaron conxuntamente a Banda de Música “Sementeira” de Cambre, a Coral de Santa María de Cambre, a Coral de Cecebre, o Coro Parroquial de Sigrás, a Coral “O Adro” de Bribes e a prestixiosa mezzosoprano María José Ladra. Este proxecto repetiuse de novo no ano 2008, cos mesmos protagonistas e cun éxito se cabe maior.

Unha nova experiencia que xurdiu tamén no ano 2004 foi a celebración dos “CONCERTOS DIDÁCTICOS”, donde os alumnos dos Colexios Públicos de Ensinanza Primaria de Cambre teñen a oportunidade de coñecer e escoitar máis de cerca tódolos instrumentos que forman parte dunha Banda de Música e, considerando o valor pedagóxico que ten, decidiuse incluir esta actuación dentro das programadas anualmente pola Banda.

No ano 2005, nace a BANDA SINFÓNICA, unha formación creada conxuntamente coas Bandas de Música de Sada e Vilalba, que permitiu a posibilidade de desfrutar e manter unha convivencia musical moi agradable cos demais membros da agrupación, formada por máis de cen músicos.

Tamén no ano 2005 produciuse o nacemento da XOVE Banda de Música “Sementeira” de Cambre, agrupación paralela á Banda Titular, e que serve como iniciación do músico nun conxunto, aprendendo a familiarizarse máis co esceario e a actuar en grupo, para logo, dar o salto á propia Banda de Música “Sementeira” de Cambre.

No ano 2011 créase a BANDA INFANTIL, for­mada por alumnos de 1º, 2º e 3º cursos.

Así anualmente se veñen organizando concer­tos extraordinarios, fóra do programa habitual da Banda de Música no Concello de Cambre, como son o “CONCERTO DE DIRECTORES”, “CONCERTO CON REPRESENTACIÓN MUSICO TEATRAL: Peer Gynt”, “CONCERTO DE SOLISTAS”, “CONCERTO DE MUSICAIS”, “CONCERTO DE MÚSICA SINFÓNICA PARA BANDA”, “CONCERTO DE MÚSICA CLÁSICA”, “CONCERTO DE BANDAS SONORAS”, “CONCERTO HOMENAXE A PUCHO BOEDO e PRUDENCIO ROMO”, “CONCERTO DE FADOS PORTUGUESES” e numerosos proxec­tos de futuro orixinais e inéditos.

Outra das actividades que se vén levando a cabo nos últimos anos son os CONCERTOS DE ALUMNOS, celebrados dúas veces no curso e nos que os rapaces e rapazas da escola toman contacto co escenario e valoran realmente a acti­vidade musical na que se están a formar. Tamén se realizan os VENRES MUSICAIS, onde os alumnos coñecen todas as familias de instrumen­tos e o seu funcionamento. Estes concertos son unha ampliación das diversas audicións que se realizan ao longo de todo o curso nas diferentes disciplinas que se imparten na Escola.

A paixón pola música seguiu a impulsar o instin­to creativo da Banda e isto levouna á creación de varios GRUPOS DE CÁMARA (vento madei­ra/metal e percusión) e dunha nova agrupación, a BIG BAND, formada por músicos da propia Banda e que non deixa de ser un desexo máis de reunión e amizade entre todos os integrantes da mesma.

En setembro de 2007, a BMSC leva a cabo a GRAVACIÓN do seu PRIMEIRO CD, nos estudos MANS (A Coruña), repetindo experiencia cun SEGUNDO CD en xuño de 2012, co gallo do 25º aniversario da agrupación.

No vindeiro mes de novembro de 2013, a BMSC concursará no VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Os premios conseguidos por la Banda de Música “Sementeira” de Cambre son:

  • I CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2007), consegue o PRIMEIRO PREMIO na sección terceira, e a MENCIÓN ESPECIAL á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega.
  • III CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2009), consegue o TERCEIRO PREMIO na sección segunda.
  • CXXIV CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “CIUDAD DE VALENCIA”  (Xuño 2010), consegue o SEGUNDO PREMIO na sección terceira.
  • VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2013), consegue SEGUNDO  PREMIO na sección segunda.