O Director

FRANCISCO JAVIER VIDAL SUÁREZ nace en Arcade (Pontevedra) en 1968. Comeza os seus estudos musicais co seu pai, estudos que continuará oficialmente nos conservatorios de A Coruña e Vigo, sendo neste último onde acada o título de mestre de clarinete con brillantes cualificacións, “Matrícula de Honra” no Grao Medio, e no Grao Superior consegue por unanimidade o “Premio de Honra Fin de Carreira”.

No ano 1985 ingresa por oposición na (JONDE) JOVEN ORQUESTA NACIONAL DE ESPAÑA, sendo o primeiro galego en formar parte dela. É nesa agrupación onde realiza unha intensa labor na música sinfónica e na música de cámara.

JAVIER VIDAL Ao mesmo tempo perfecciónase con pedagogos e instrumentistas de recoñecido prestixio como Antony Pay (Reino Unido), Walter Boeykens (Bélxica), J.E. Lluna (España), Christin Ludquist (USA), Anton Weinberg (Canadá), Geraldine Allen (Reino Unido) e outros.

Coa JONDE realizou concertos por toda España, actuando en Auditorios coma o “TEATRO REAL” de Madrid, “AUDITORIO MANUEL DE FALLA” e “PALACIO CARLOS V” en Granada, “PALAU DA MÚSICA” en Valencia, “TEATRO ARRIAGA” en Bilbao, “PALAU DA MÚSICA” en Barcelona, e o “NOVO AUDITORIO NACIONAL” de Madrid, entre os máis importantes, ademais de actuar nos mellores teatros e auditorios das cidades máis relevantes de países coma Bélxica, Hungría e a antiga U.R.S.S.

Formou parte de numerosas agrupacións de cámara como o Quinteto de Vento “Scherzo” de Arcade, do cal foi fundador; dúo de clarinete-piano “Alevia”; dúo clarinete-piano “Scherzo”; Grupo de cámara “Strawinsky” formado por antigos integrantes da JONDE; “Grupo de cámara de clarinetes de Vigo” e “Orquestra de Cámara de clarinetes de Beade” (Vigo), da cal foi director.

Foi profesor de clarinete e linguaxe musical no conservatorio de Redondela, no de Viveiro, e no “Mayeusis” de Vigo. Impartiu tamén clases na Escola de Música de Beade e na de Ponteledesma.

No campo orquestral foi membro da “Orquesta de Cámara do Conservatorio de Vigo”, clarinete solista da “Orquesta Municipal de A Coruña”, actuando como concertista en numerosas ocasións. Colaborou coa “Orquesta Sinfónica de Euskadi”, coa “Orquesta Sinfónica de Galicia” e coa “Real Filharmonía de Galicia”.

Foi director da “Banda de Música Municipal de Viveiro” desde o ano 1994 até o 2005, banda coa que realizou multitude de proxectos musicais como, entre outros, a creación da “Banda Sinfónica das Rías Altas”, formada por músicos das distintas bandas da Mariña lucense e do norte da Coruña, e da cal foi director desde a súa creación en 1998.

Coa “Banda de Música Municipal de Viveiro” actuou na Bretaña francesa, nun irmandamento coa cidade de Lanión, e tamén viaxou a Cuba para irmandarse coa Habana Vella ofrecendo varios concertos.

Tamén realizou no ano 2004 un Máster en interpretación do clarinete na Universidade de A Coruña cos mestres J. Luis Estellés, Michel Lethiec, Antony Pay, Henry Bok, Hans Deinzer e Meloni.

Na actualidade forma parte do cadro de profesores da Banda de Música Municipal de A Coruña desde 1989 sendo clarinete solista. Ademais, realiza un importante traballo de música de cámara con grupos como o quinteto de vento “Coruña Quintet” e o cuarteto de clarinetes “Divertimento”, formacións coas que percorre a xeografía galega ofrecendo recitais, así como levando a dirección da BANDA DE MÚSICA “SEMENTEIRA” DE CAMBRE, e as outras formación paralelas, como son a Banda Infantil, Banda Xuvenil e Big Band.