A Escola

Historia.

A Escola de Música “SEMENTEIRA”, comeza a súa andaina no ano 1978 nas parroquias de Altamira e Anceis, en Cambre (A Coruña), adicándose primeiramente ó ensino da gaita e do baile folclórico galego. Axiña se forma un numeroso GRUPO DE BAILE; ó mesmo tempo, moitos rapaces coa axuda dos profesores aprenden tamén a tocar a gaita e fórmase o grupo de gaitas. Ámbolos dous grupos, percorren a Comunidade Galega acadando importantes premios. Durante dez anos seguidos, esta Asociación, organiza o “CONCURSO FOLCLÓRICO DE ANCEIS”, no que participan a maioría das Agrupacións Folclóricas Galegas, tanto de baile como de gaita.

Anos máis tarde, a Escola de Música “SEMENTEIRA” amplía a súa actividade formativa de Vento e Percusión, sendo numerosos os alumnos matriculados nas distintas disciplinas ata chegar a impartir na actualidade ensinanzas do Linguaxe Musical, Música e Movemento, Piano, Guitarra, Gaita, Vento – Madeira (Frauta, Clarinete, Saxofón), Vento – Metal (Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba), Violoncello e Percusión.