Disciplinas

  

A Escola de Música “SEMENTEIRA” de Cambre inicia en setembro de cada ano o seu curso académico. Son xa máis de 30 intensos anos de actividade nos que a súa principal finalidade é a formación musical da poboación de Cambre e arredores. Formación musical que se complementa coa participación de todos os alumnos en distintas audicións didácticas ó longo do curso e un concerto final de curso no local “A Xuventude de Cecebre” a finais de xuño.

A actividade da Asociación (entidade sen fin de lucro) conta principalmente co financiamento do Concello de Cambre.

Disciplinas:

Iniciación á música para nenos e nenas dividido en dous grupos: 4 – 5 (aqueles alumnos que cum­pran 4 anos antes de decembro do ano que ingresan na escola) e 6 – 7 anos (1 hora á semana).

Mediante o xogo, acércanse os distintos parámetros musicais: a altura, o tempo, a intensidade e os timbres. O longo do ano os alumnos asisten na Escola a concertos didáctico – informativos onde coñecen as características e funcionamento de cada un dos instrumentos.

COTA MENSUAL: 22€.

Sabías que a aprendizaxe  musical na idade temperá contribúe de modo decisivo no desenvolvemento integral do teu fillo?

A música é un elemento fundamental na primeira etapa da vida dun neno. Introducida na súa educación desenvolve a capacidade intelectual, sensorial, auditiva e motriz. Apórtalles seguridade emocional, confianza, e potencia a memoria e a concentración. O neno que vive en contacto coa música aprende a convivir de mellor maneira cos outros nenos.

COTA MENSUAL: 30€.

• Para alumnos/as a partir de 8 anos, paralelamente á formación instrumental (2 días semanais, 1 hora cada día).

• Para adultos, tamén á vez que o instrumento (1 día á semana, 1 ½ hora).

COTA MENSUAL: 55€ MAIS INSTRUMENTO

Orientado a alumnos que teñan superado o ciclo de linguaxe musical (1 día á semana, 2 horas). Esta materia ampliará os coñecementos adquiridos nos cursos anteriores, afondando no análise harmónico e formal da partitura, así como intro¬ducirá ó alumno no mundo da historia da música.

COTA MENSUAL: 30€.

A todos os alumnos a partir dos 8 anos, paralelamente ó linguaxe musical (½ hora individual á semana, ampliable a 1 h).

• FRAUTA

• CLARINETE

• SAXOFÓN

• INSTRUMENTOS TRADICIONAIS: GAITA / PERCUSIÓN TRADICIONAL

• TROMPETA

• TROMPA

• TROMBÓN (A Escola dispón de dous instrumentos que cederá ós dous primeiros matriculados)

• BOMBARDINO

• TUBA

• VIOLONCELLO E CONTRABAIXO

• PERCUSIÓN (Batería, timbais, xilófono, marimba, lira e multipercusión)

• PIANO (prazas limitadas)

• GUITARRA (prazas limitadas)

COTA MENSUAL: 55€. MAIS LINGUAXE MUSICAL

• CLÁSICA

• TRADICIONAL

• JAZZ / MODERNA.

Orientado a alumnos que como mínimo teñan superado un primeiro curso de instrumento (1 hora á semana). Poderanse matricular os alumnos de calquera instrumento para formar grupos a partir de 6 músicos. Os alumnos interesados farán a súa inscrición sen facer efectivo o pago da cota, xa que a Escola organizará os diferentes grupos segundo estilos e niveis. No momento en que se confeccione o grupo farase o pago correspondente quedando os demais na lista de espera.

Orientado a alumnos/as que teñan superado o ciclo de linguaxe musical (1 día á semana, 1 hora). O obxectivo desta materia é coñecer o funcionamento das principais aplicacións informáticas destinadas ao ámbito musical, como son os editores de partituras, os secuenciadores e os editores de audio dixital.

COTA MENSUAL:22€.

A partir de 14 anos e sen necesidade de ter coñecementos musicais (1 ½ hora á semana).

Nesta materia o alumno traballará técnica vocal e repertorio de diferentes estilos a dúas e catro voces.

COTA MENSUAL: 5€.

A partir dos 8 anos e até os 14, paralelamente á linguaxe musical (1 día á semana, 1 hora). Ten como finalidade potenciar a estimulación auditiva do/a alumno/a e desenvolver o traballo vocal en grupo recoñecendo os elementos básicos da interpretación musical.

COTA MENSUAL: 8€.

Todos os alumnos poderán formar parte, sem­pre baixo o asesoramento do profesor corres­pondente, das dúas formacións instrumentais da Asociación:

  • Banda Xuvenil
  • Banda “SEMENTEIRA”

Na última semana do mes de maio ata mediados de xuño establécese a  MATRÍCULA E RESERVA DE PRAZA , sin admitirse trámites fóra do calendario establecido.