CONCERTO MÚSICA INTERNACIONAL
O alumnado da Escola de Música Sementeira de Cambre preparou unha escolma de obras tradicionais ou representativas dos diferentes países e de diversos lugares para ofrecernos un concerto extraordinario de música internacional. Terá lugar este venres 8 de febreiro ás 19:30h na Escola. Non volo podedes perder!
Ler máisHOMENAXE A XOSÉ CASAL
Desde a Escola de Música Sementeira de Cambre estamos a organizar unha homenaxe a Xosé Casal os días 9 e 10 de febreiro. Abriremos unha exposición que durará os dous días e que contará con diferentes cadros, discos, fotografías e todo tipo de materiais do homenaxeado. Ademais, o domingo ás 12h terá lugar un acto de clausura onde intervirán Xosé Casal (homenaxeado), Moncho do Orzán (presentador do concerto) e Daniel Carballada (concelleiro de Cultura). A continuación, desfrutaremos dun concerto do antigo alumnado do mestre, do Coro Sementeira e do Grupo de Instrumentos...
Ler máisCONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL 2019
Estimados socias e socios, En virtude da facultade que me confire o artigo 19 dos Estatutos da Asociación SEMENTEIRA CAMBRE, a través da presente comunicación convócoo/a á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA e EXTRAORDINARIA, que terá lugar o MÉRCORES 30 de XANEIRO de 2019, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e, de ser o caso, ás 19:30 horas en segunda convocatoria, no local social sito en O Souto, 8 baixo, Sigrás, Cambre (A Coruña), para debater e tomar acordos sobre os seguintes asuntos da orde do día: ASAMBLEA ORDINARIA PRIMEIRO: LECTURA E APROBACIÓN, SE É O CASO, DA ACTA DA...
Ler máisNOVIDADES XANEIRO
Comezamos o ano recordando a nosa disciplina de Música en Familia para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Trátase dunha actividade para aprender a relacionarte coa túa crianza a través da música. Aínda hai prazas para o grupo dos martes de 17:30 a 18:30h e a posibilidade de formar grupo novo os xoves de 17:30 a 18:30h. Pódese probar a primeira clase sen compromiso. E como novidade, abrimos matrícula en Música e Movemento ata completar grupos. Tamén ofrecemos a opción de asistir a unha clase gratuíta. As posibilidades son: Música e Movemento I (4 e 5 anos): luns de 17:30 a...
Ler máisCONCERTO SANTA ICÍA NA ESCOLA
Mañá, 22 de novembro, concertos na honra de Sta. Icía na estrada da Escola. Desde as 17:15 ata as 19:45h. Achégate!
Ler máisLOTARÍA DE NADAL 2018
A Asociación Sementeira Cambre, como todos os anos, participa na Lotería Nacional de Nadal, xogando este ano o número 09.572.
Ler máis