Novas da banda

Resumo das novas da banda

CONCERTO DAS DORES DE SIGRÁS

Publicado

CONCERTO DAS DORES DE SIGRÁS

A Banda de Música “Sementeira” de Cambre actuará este domingo 16 de setembro na festa das Dores de Sigrás, organizado pola AAVV DE Sigrás. A misa comeza ás 13:00 h, a continuación haberá unha pequena procesión e ás 14:00 h o concerto no adro da Igrexa.

Ler máis

AULA ABERTA MEF

Publicado

AULA ABERTA MEF

Este venres 25 de maio realizaremos na Escola de Música Sementeira de Cambre unha xornada de portas abertas da disciplina de Música en Familia. Trátase dunha actividade que nos axuda a interactuar coa nosa crianza de 1 a 3 anos coa música como elemento mediador. Haberá dúas sesións: ás 17:30 e ás 18:30h. Por curiosidade, por probar, por facer algo diferente… Da igual o motivo. Vinde a desfrutar dun rato musical.

Ler máis

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2018

Publicado

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2018

Ler máis

CONCERTO BMSC XVII PREMIOS “LA OPINIÓN A CORUÑA”

Publicado

CONCERTO BMSC XVII PREMIOS “LA OPINIÓN A CORUÑA”

Este venres 11 de maio, ás 20:30h, no Teatro Rosalía de Castro, a Banda de Música “Sementeira” de Cambre actuará na gala de entrega dos XVII Premios Opinión da Música de Raíz, organizados polo diario “La Opinión A Coruña” co espectáculo Unha Volta Darredor- un percorrido polas músicas das Mariñas, no que a Banda compartirá esceario con músicos tradicionais de Oleiros, Sada, Miño e Bergondo, baixo a dirección musical de Pedro Lamas.

Ler máis

CONCERTO PRIMAVERA 2018- DIRIXIMOS NÓS

Publicado

CONCERTO PRIMAVERA 2018- DIRIXIMOS NÓS

Cada ano a Banda de Música Sementeira de Cambre ofrece dous concertos extraordinarios. Un en Primavera e outro a finais do verán. A temática e sempre diferente e especial. Nesta ocasión varios membros integrantes da formación súbense á tarima podendo así ter unha experiencia diferente a estar tocando no atril, e valorar o q poden aportar á interpretación ao longo dos ensaios, así como experimentar o dominio musical e rítmico que poden ter ao estar fronte da banda. Tanto para os músicos que tocan coma os que dirixen disfrutaron duns meses de traballo diferente e de disfrute.

Ler máis

CONCERTO DE NADAL CORO E BMSC

Publicado

CONCERTO DE NADAL CORO E BMSC

Estimados soci@s, este vindeiro venres 22 de decembro celebramos o tradicional concerto de Nadal no que actuará noso o Coro e Banda de Música, ás 20:00 h, no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, en O Burgo.    Esperamos contar coa súa asistencia, e desexándolles que teñan un moi feliz Nadal e un próspero aninovo...

Ler máis