Novas da Escola

RESERVA DE PRAZA 2020-2021

Publicado

RESERVA DE PRAZA 2020-2021

Xa estamos na fase 2 cara á nova normalidade! Xa falta menos para volver ás aulas, e sobre todo aos concertos presenciais que tanto botamos en falta. Desde a Escola de Música Sementeira non paramos de traballar, de buscar a fórmula exacta para seguir coa nosa oferta formativa, mais a día de hoxe non dispoñemos da información nin das instrucións suficientes para facilitar todos os datos que queredes saber. O que si queremos garantir é que volveremos en setembro con todas as medidas hixiénico – sanitarias que correspondan para impartir as disciplinas con toda a seguridade...

Ler máis

NOVA MATRÍCULA: INFORMACIÓN E IMPRESO CURSO 2020-2021

Publicado

NOVA MATRÍCULA: INFORMACIÓN E IMPRESO CURSO 2020-2021

A Escola de Música “Sementeira” de Cambre inicia en setembro o seu curso Escolar 2020 -2021. Son 40 intenso anos de actividade en que a súa principal finalidade é a formación musical da poboación de Cambre e arredores. Formación musical que se complementa coa participación de todo o alumnado en distintas audicións didácticas ao longo do ano e en dous concertos en fin de curso a finais de xuño. A Escola está xestionada pola Asociación Sementeira Cambre (entidade sen fin de lucro) conta con financiamento principal do Concello de Cambre. MÚSICA EN FAMILIA: Para...

Ler máis

INAUGURACIÓN DO CURSO 19-20

Publicado

INAUGURACIÓN DO CURSO 19-20

Aínda que as clases comezaron hai 3 semanas, a Asociación Sementeira Cambre fará a inauguración do curso académico o próximo mércores 2 de outubro ás 18:30h cunha charla – presentación do libro “Esto es pop” da man do seu autor Javier Becerra. Esperámosvos na Escola para escoitar, cantar, bailar, vivir grandes temas que nos levarán a facer un repaso de momentos clave da historia da música pop nun ton divulgativo e adaptado para crianzas.

Ler máis

CLASE ABERTA

Publicado

CLASE ABERTA

Este xoves 27 de xuño de 2019 ás 17:30. para crianza de 9 meses a 3 anos. Ven a probar unha experiencia musical diferente co teu/tua fillo/a

Ler máis

AULA ABERTA MÚSICA EN FAMILIA

Publicado

AULA ABERTA MÚSICA EN FAMILIA

A Escola de Música Sementeira de Cambre abre as súas portas para que coñezades a aula de MÚSICA EN FAMILIA. O martes 11 de xuño ás 17:30 h. para ciranzas de 1 a 3 anos.

Ler máis

NOVIDADES XANEIRO

Publicado

NOVIDADES  XANEIRO

Comezamos o ano recordando a nosa disciplina de Música en Familia para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Trátase dunha actividade para aprender a relacionarte coa túa crianza a través da música. Aínda hai prazas para o grupo dos martes de 17:30 a 18:30h e a posibilidade de formar grupo novo os xoves de 17:30 a 18:30h. Pódese probar a primeira clase sen compromiso.   E como novidade, abrimos matrícula en Música e Movemento ata completar grupos. Tamén ofrecemos a opción de asistir a unha clase gratuíta. As posibilidades son: Música e Movemento I (4 e 5 anos):...

Ler máis