VI ENCONTRO DE GRUPOS TRADICIONAIS

VI ENCONTRO DE GRUPOS TRADICIONAIS

IO vindeiro sábado 14 de marzo ás 20:00 terá lugar o VI Encontro de Grupos Tradicionais.
Ademais do Grupo de Instrumentos Tradicionais Sementeira de Cambre, tamén participarán os grupos Queiroa de Sada e Azougue de Betanzos como vedes no cartaz adxunto.
A continuación teremos a Foliada acompañada dun pincho que poñemos entre todas e todos.
Agardamos contar coa vosa presencia e agradecemos que colaboredes no pincho achegando o que queirades.