
A Escola de Música “Sementeira” de Cambre inicia en setembro o seu curso Escolar 2020 -2021. Son 40 intenso anos de actividade en que a súa principal finalidade é a formación musical da poboación de Cambre e arredores. Formación musical que se complementa coa participación de todo o alumnado en distintas audicións didácticas ao longo do ano e en dous concertos en fin de curso a finais de xuño.
A Escola está xestionada pola Asociación Sementeira Cambre (entidade sen fin de lucro) conta con financiamento principal do Concello de Cambre.
MÚSICA EN FAMILIA:
Para nenos e nenas de 1, 2 e 3 anos (nacidos/as no ano 2.017, 2.018 e 2019. Durante 50 minutos á semana acercaremos a música aos máis pequenos/as. Os/as alumnos/as deberán vir acompañados /as como mínimo dunha persoa de referencia. Durante os tres primeiros anos de vida adquirimos o máximo nivel de capacidade para discriminar sons, tanto musicais como os referidos á linguaxe. É o momento idóneo para desenvolver o potencial musical do bebé ofrecéndolles un entorno musical rico e variado por medio de xogos, bailes, cantos, etc A través da música, os nenos e as nenas descobren o mundo que lles rodea, aprenden a relacionarse e comunicarse, melloran a capacidade de atención, desenvolven o ouvido,a memoria e a psicomotricidade. Esta actividade convértese nunha experiencia que une a pais/nais e fillos/ as.
MÚSICA E MOVEMENTO:
Iniciación á música para nenos e nenas dividido en dous grupos: de 4 – 5 anos e 6 – 7 anos criterio (nacidos/as no 2015-2016 e 2013-2014, respectivamente. Clases de 1 hora á semana. Impartirase un grupo de cada idade en inglés. Mediante o xogo, acércanse os distintos parámetros musicais: a altura, o tempo, a intensidade e os timbres. Ao longo do ano os/as alumnos/as asisten na Escola a concertos didáctico – informativos onde coñecen as características e funcionamento de cada un dos instrumentos.
LINGUAXE MUSICAL:
Para alumnos/as a partir de 8 anos, paralelamente á formación instrumen- tal (2 días semanais, 1 hora cada día). Consta dun ciclo de 4 anos tendo o último a opción dun curso específico de preparación de acceso ao conservatorio e outro ciclo de 2 anos de perfeccionamento.
COMBO ADULTOS
Pensado para adultos xa iniciados no instrumento para a práctica de conxunto (1 día á semana, 1 hora).
BAILE TRADICIONAL GALEGO:
Distribuído en dúas franxas de idade: de 4 a 8 anos e de 9 a 12 anos (1 día á semana, 1 hora). Preténdese completar a formación das crianzas sobre o folclore galego, desenvolvendo a psicomotricidade e os ámbitos cognitivos, afectivos e sociais.
INFORMÁTICA MUSICAL NOVAS TECNOLOXÍAS:
Orientado a alumnos/as que teñan superado o primeiro ciclo de linguaxe musical (1 día á semana 1 hora).
O obxectivo desta materia é coñecer o funcionamento das principais aplica- cións informáticas destinadas ao ámbito musical, como son os editores de partituras, os secuenciadores e os editores de audio dixital.
EDUCACIÓN AUDITIVA E VOCAL (CORO INFANTIL):
A partir dos 8 anos e até os 14, paralela- mente á linguaxe musical (1 día á semana, 1 hora).
Ten comofinalidade potenciar a estimulación auditiva do/a alumno/a e desenvolver o traballo vocal en grupo recoñecendo os elementos básicos da interpretación musical.
CONXUNTO CORAL:
A partir de 14 anos e sen necesidade de ter coñecementos musicais (1 ½ hora á semana). Nesta materia traballarase técnica vocal e repertorio de diferentes estilos a dúas e catro voces, formando parte do CORO da Escola.
FORMACIÓN INSTRUMENTAL:
A partir dos 8 anos, paralelamente linguaxe musical (½ hora ou 1 hora individual á semana).

Todo o alumnado poderá formar parte, sempre baixo o asesoramento do/a profesor/a correspondente, das formacións instrumentais da Asociación: Banda Xuvenil • Banda “Sementeira”• Grupo de Instrumentos Tradicionais
PROCESO DE MATRÍCULA:
- Cubrir o formulario de matrícula.
- Facer o ingreso da cota correspondente de matrícula (75€) empadroadas/os en Cambre ou 90€ non empadroadas/os).
- Enviar xustificante do pago por mail asementeiracambre@sementeiracambre.org
- Esperar confirmación polo mesmo medio da matrícula.
Máis Información:
mail: sementeiracambre@sementeiracambre.org
Teléfono: 650 550 849