CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL 2021

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL 2021

Estimados socias e socios,
En virtude da facultade que me confire o artigo 19 dos Estatutos da Asociación SEMENTEIRA CAMBRE, a través da presente comunicación convócoo/a á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA e EXTRAORDINARIA, que terá lugar o XOVES 11 de FEBREIRO de 2021, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e, de ser o caso, ás 20:00 horas en segunda convocatoria, e terá lugar de maneira TELEMÁTICA, debido á situación actual da pandemia do Covid19, para debater e tomar acordos sobre os seguintes asuntos da orde do día:
ASEMBLEA ORDINARIA
PRIMEIRO: LECTURA E APROBACIÓN, SE É O CASO, DA ACTA DA ANTERIOR ASEMBLEA.
SEGUNDO: INFORME ACTIVIDADES ANO 2020 E PLANNING ACTIVIDADES ENTIDADE DO ANO 2021
TERCEIRO: XESTIÓN ECONÓMICA DA ASOCIACIÓN ANO 2020
CUARTO: APROBACIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2021
QUINTO: ROGOS E PREGUNTAS


ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
PRIMEIRO: RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA.


PARA A ASISTENCIA TELEMÁTICA Á ASEMBLEA ENVIARASE ENLACE, PREVIA SOLICITUDE POR CORREO ELECTRÓNICO OU MÓBIL, PARA CONECTARSE Á REUNIÓN A TRAVÉS DA PLATAFORMA SKYPE.