AUDICIÓN NA HONRA DE SANTA ICÍA – ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA DE CAMBRE

AUDICIÓN NA HONRA DE SANTA ICÍA – ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA DE CAMBRE

O vindeiro luns día 22 de novembro, día de Santa Icía patroa dos músicos e músicas, celebraremos  a primeira audición do ano na escola para celebrar este día.

Neste concerto participará o alumnado de óboe, clarinete, trompeta, trombón, trompa, bombardino, e o Coro Sementeira.

Haberá un espazo reservado para o alumnado de Música e Movemento, ademais de aforo ao 100% para o público asistente que permanecerá sentado e gardando as distancias de seguridade.