CONCERTO PANGEA “A paisaxe sonora do noso planeta” con Abraham Cupeiro

CONCERTO PANGEA “A paisaxe sonora do noso planeta” con Abraham Cupeiro

O sábado 4 de xuño de 2022 a Banda Sementeira de Cambre realizará un concerto moi especial. Será un momento único a recordar por todas as persoas que teñan a sorte de asistir.

Realizaremos o concerto chamado “Pangea” acompañando ao seu creador, o extraordinario músico e  multiinstrumentista Abraham Cupeiro.

Un concerto incrible no que o solista e a banda nos transportarán a distintas partes do mundo.

Será ás 19:00 horas no Auditorio do Conservatorio Profesional da Coruña.

A reserva de localidades farase nos 📞 teléfonos 655925239 – 655950400. Este xoves e venres en horario de 16:00 a 21:00 horas e sábado en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Esperamos vivir xuntos e xuntas esta marabillosa viaxe!