
Do 3 ao 15 de xuño inclusive, ábrese o prazo de Matrícula para o novo alumnado da Escola de cara ao curso 2022-23. A inscrición farase telemáticamente a través do seguinte enlace (1 formulario por cada alumno ou alumna):
As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, comezando a contar dende o venres 3 de xuño ás 9:00 horas.
A elección do horario de instrumento terá lugar presencialmente o mércores 22 de xuño ás 18:30 horas na Escola.
En caso de calquera incidencia coa elección de horario das Materias Colectivas contactaremos con vós. Se non se recibe comunicación o horario quedará confirmado.
Informamos que a cota mensual do 1º curso nas especialidades de óboe, bombardino e tuba será gratuita. Ademáis de ter opción a préstamo destes instrumentos.

Opción a Préstamo de óboe, clarinete, violoncello, trompa, trombón, bombardino e tuba.
A continuación incluímos PDF con toda a información das Materias e as cotas:
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto a través do mail sementeiracambre@sementeiracambre.org ou nos teléfonos 981655441 – 650550849 (En horario de 16:00 a 21:00 horas)