RESERVA DE PRAZA CURSO 2022-23

RESERVA DE PRAZA CURSO 2022-23

Do 23 de maio ao 3 de xuño inclusive, ábrese o prazo de Reserva de Praza do alumnado da Escola de cara ao curso 2022-23. A inscrición farase telemáticamente a través do seguinte enlace (1 formulario por cada alumno ou alumna):

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfr7nyJBdTuFf6ec8nHkFXP55h76EYdKXu8gfY4crP742NUXg/viewform?usp=sf_link

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, comezando a contar dende o luns 23 de maio ás 9:00 horas. 

A elección do horario de instrumento terá lugar presencialMente o mércores 22 de xuño ás 18:30 horas na Escola. Será por orde de menor a maior idade.

En caso de calquera incidencia coa elección de horario das Materias Colectivas contactaremos con vós. Se non se recibe comunicación o horario quedará confirmado.

Teremos algunha modificación na programación con respecto a cursos anteriores:

–    Desaparece o curso 6º de Linguaxe Musical, ofertando no seu lugar as Materias de Informática Musical e Novas Tecnoloxías ou Historia da Música e Harmonía

–    O alumnado nado no 2015 pasará ao Grupo de Iniciación á Linguaxe Musical, de 1 hora semanal, e ten a opción (non obrigatoria) de comezar coas clases de ½ hora semanal de instrumento. 

–    Para todo o alumnado que desexe preparar o acceso ao Grao Profesional no Conservatorio haberá un grupo específico que será 5ºB de Linguaxe Musical.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto a través do mail direccionacademica@sementeiracambre.org ou nos teléfonos 981655441 – 650550849