MATRÍCULA EXTRAORDINARIO do 1 ao 9 de SETEMBRO

MATRÍCULA EXTRAORDINARIO do 1 ao 9 de SETEMBRO

Do 1 ao 9 de setembro inclusive, ábrese o prazo de Matrícula extraordinaria para o novo alumnado da Escola de cara ao curso 2022-23. A inscrición farase telemáticamente a través do seguinte enlace (1 formulario por cada alumno ou alumna): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSccBdEKgo-qWXCC5j3X3dI-m0FwNUveqzxU3lAybsm_mgEEfA/viewform?usp=sf_link

O enlace estará dispoñible a partir do 1 de setembro ás 9:00 horas

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, comezando a contar dende o xoves 1 de setembro ás 9:00 horas. 

En caso de calquera incidencia coa elección de horario das Materias Colectivas contactaremos con vós. Se non se recibe comunicación o a matrícula será efectiva e o horario quedará confirmado.

As clases comezan o xoves 8 de setembro. Para as materias grupais os listados de admitidos estarán expostos no hall da escola dende o xoves 8 de setembro. Na primeira semana cada docente dirixirase á entrada para recoller ao alumnado á hora de comezo da clase. O alumnado de Música en Familia e Música e Movemento deben esperar a profesora na entrada superior da escola.

A elección do horario de instrumento acordarase co profesorado da especialidade, recibindo unha chamada telefónica o luns 12 de setembro ao longo do día.

HORARIOS POR ESPECIALIDADE:

  • ÓBOE: XOVES
  • FAGOT: MARTES, MÉRCORES e XOVES
  • FRAUTA: LUNS e MÉRCORES *(Prazas Limitadas)
  • CLARINETE: LUNS, MARTES e MÉRCORES
  • SAXOFÓN: De LUNS a VENRES *(Prazas Limitadas)
  • VENTO METAL (Trompeta – Trompa – Trombón – Bombardino – Tuba): LUNS e MARTES
  • VIOLONCELLO: MARTES e VENRES
  • PERCUSIÓN: LUNS e MÉRCORES *(Prazas Limitadas)

Informamos que a cota mensual do 1º curso nas especialidades de óboe, bombardino e tuba será gratuita. Ademáis de ter opción a préstamo destes instrumentos.

Opción a Préstamo de trompa, trombón, bombardino e tuba.

A continuación incluímos PDF con toda a información das Materias e as cotas:

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto a través do mail direccionacademica@sementeiracambre.org ou nos teléfonos 650550849 – 981655441 (En horario de 16:00 a 21:00 horas)