Concerto Coro Infantil

Concerto Coro Infantil

Durante todo o mes de outubro o alumnado de Linguaxe Musical estivo preparando co director do Coro Infantil, Miguel Costa Mariño, un pequeno concerto. 🗓️ Será o luns 7 de novembro 🕠 ás 18:30 horas 📍 no hall da Escola, quedades todos e todas convidadas.

📣 Aproveitamos a ocasión para recordarvos que temos a matrícula aberta para Coro Infantil, os luns de 18:30 a 19:30 horas. Para máis información: direccionacademica@sementeiracambre.org ou nos teléfonos 981655441 – 650550849 (de luns a venres en horario de 16:00 a 21:00 horas)