Socios e Socias

Socios e Socias.

As actividades da Escola, da Banda e do Grupo Tradicional están reservadas a os socios e socias da asociación. Calquera persoa física, con plena capacidad de obrar, ou persoa xurídica poderá ser integrante da Asociación, sempre que teña a mayoría de idade, sexa pai ou nai de alumnado que estudie na Escola ou calquera que queira colaborar coa Asociación e sexa admitida a súa solicitude.

Como todas as asociacións o máximo órgano de dirección teno a asamblea de socios e socias (celébranse asambleas ordinarias no primeiro trimestre do ano). O día a día ríxese  pola Xunta Directiva, elexida en Asamblea Extraordinaria, que se reúne cantas veces son necesarias para o correcto desenrrolo das actividades da Escola, da Banda e do Grupo Tradiconal.

A Xunta Directiva está constituída pola presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e vocáis.