Directores

JESÚS SÁNCHEZ MONTERO, Director da Banda Titular e Banda Xuvenil

Jesús Sánchez Montero

Comeza os seus estudios musicais a idade de 11 anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. No ano 93 pasa a formar parte da Banda de música Sementeira de Cambre onde recibe clases do mestre Francisco Rivas Andrade. Acada o Título de profesor de clarinete coas máximas cualificacións e o “Premio de Honra Fin de Grao profesional” no Conservatorio da Coruña, posteriormente realiza o grao superior de clarinete en este mesmo conservatorio co mestre Carlos Casadó Tarín.

Estudia un Master en interpretación de clarinete na universidade de A Coruña co clarinetista Jose Luis Estellés e un posgraduado en interpretación de clarinete baixo no “Conservatorio de Rótterdam(CODARTS)” co solista Henri Bok.

Asiste a mastreclass e cursos de clarinete con profesores coma, Vicente Herrera, Yehuda Gila, Walter Boeykens, Michel Lethiec, Antony Pay e Hans Deinzer entre outros.

Foi alumno da “Escola de Altos Estudios musicais de Galicia afiliada á Real Filharmónica durante tres anos onde recibe clases de clarinete de Manuel Juan López, de práctica orquestral de Maximino Zumalave e Vicente Gea e análise musical de parte de D. Joaquín Turina e D. Ángel Oliver.

Tamén formou parte da “Xove Orquestra sinfónica de Galicia” e da “Xove Orquestra do Pais Vasco”(EGO).

Foi invitado como clarinetista baixo pola “Orquestra Filharmónica Janacek” en Strasburgo e Realizou colaboracións coma clarinetista coa  “Orquestra Oviedo Filharmónica” e coa “Orquestra sinfónica de Galicia”.

Participou en diferentes ciclos de concertos como o Ciclo de Novos Interpretes da Fundación Pedro Barrié da Maza”(A Coruña), Ciclo “O Oido Contemporaneo” (MAC), Ciclo de música da Casa de Galicia de Madrid, etc…. En 1998 recibe un premio de Honra no “Concurso Nacional de Música de Cámara Madrid 98”.

Participa na gravación dun disco con música do compositor galego Rubén Luis Someso editado por “Itinerant Classics” interpretando a obra “Rondó Caprichoso” para clarinete baixo solo. Tamén colabora na gravación do libro e disco “Oito pezas europeas” do escritor Quinito Mourelle e o Compositor Roberto Somoza no que se mestura música tradicional de distintos países con jazz.

No apartado pedagóxico, exerceu como profesor de clarinete en diferentes escolas de música como a “Escola Robaleira”(Cedeira), “Escola Municipal de Sada” e a “Escola de música Sementeira de Cambre” . Durante tres anos foi docente de clarinete,  música de cámara e director da Orquestra clásica do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo (A Coruña). Ademais colaborou como mestre invitado no curso da Escola de Música de Vilatuxe e no curso que organiza a Escola de música de Vilalba.

Formou parte do cuarteto de clarinetes “Xerión” e do “Quinteto Galaica música”

Na actualidade participa en distintos grupos de música de Cámara como o “Trío Adalid” (clarinete, voz e piano) , e desde o ano 2005 forma parte do cadro de profesores da “Banda Municipal de Música de A Coruña” onde ocupa a praza de Clarinete-Clarinete Baixo.

LUIS SÁNCHEZ BOLÓN, Director do Grupo de Instrumentos Tradicionais

Iniciase na música a través do baile galego e a percusión tradicional, aos 8 comeza os estudos regrados de Gaita Galega que compaxina con formación en frautas, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Ademais asistiu a numerosos cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva (gaita); Luis Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo (percusión); Carmen Rey (canto); Efrén López (produción musical).

Impartiu diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre en diversas ocasións. Así mesmo, levou a cabo a composición e interpretación musical da Banda sonora da obra teatral Bath time, producido por Katarsis Educación y teatro. Foi mestre na A. C. Arume de Caión, Universidade de Vigo (Escola de Forestais), EMM Abegondo…

Actualmente, compaxina os estudos de Instrumentos da música tradicional e popular galega no Conservatorio Superior de Vigo coa docencia na Escola de Música Sementeira de Cambre, a dirección artística de Cántigas da Terra e o colectivo Os Melidaos, onde exerce como gaiteiro e músico.