A Escola

Historia.

A Escola de Música Sementeira, comeza a súa andaina no ano 1978 nas parroquias de Altamira e Anceis, en Cambre (A Coruña), adicándose primeiramente ó ensino da gaita e do baile tradicional galego. Axiña se forma un numeroso GRUPO DE BAILE; ó mesmo tempo, moitos rapaces e rapazas coa axuda do profesorado aprenden tamén a tocar a gaita e fórmase o grupo de gaitas. Ámbolos dous grupos, percorren a Comunidade Galega acadando importantes premios. Durante dez anos seguidos, esta Asociación, organiza o “CONCURSO FOLCLÓRICO DE ANCEIS”, no que participan a maioría das Agrupacións Folclóricas Galegas, tanto de baile como de gaita.

Anos máis tarde, a Escola de Música Sementeira amplía a súa actividade formativa de Vento e Percusión, sendo numeroso o alumnado matriculado nas distintas disciplinas ate chegar a impartir na actualidade ensinanzas de Linguaxe Musical, Música e Movemento, Música en Familia, Baile Tradicional Galego, Instrumentos de Música Tradicionais (Gaita, Percusión tradicional, Zanfona), Vento – Madeira (Frauta, Óboe, Clarinete, Saxofón), Vento – Metal (Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba), Violoncello e Percusión, Piano e Guitarra.