A Directora

Cristina Ramudo Montero fórmase na especialidade de Frauta Traveseira no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Mais sempre sentiu especial inclinación pola docencia que a levou a estudar tamén o Grao en Educación Primaria na Universidade da Coruña e o Máster en Educación Secundaria na mesma entidade.

Vinculada á Banda de Música Sementeira de Cambre desde o ano 1996, comezou tamén a impartir clases de Frauta e Linguaxe Musical na Escola de Música. Ao longo de todo este tempo impulsou proxectos educativos como as disciplinas de Música e Movemento para nenas e nenos a partir dos 4 anos e máis adiante Música en Familia para idades comprendidas entre 1 e 3. Ampliou o plan de estudos con outras materias como Informática Musical, Coro Infantil ou ultimamente Baile Tradicional.

Actualmente compaxina a Dirección e a súa actividade na Escola de Música Sementeira, coa docencia no CPR Cid da Coruña na especialidade de Música así como no grupo de música infantil en galego Pirilampo.