Iniciación á música para nenos e nenas dividido en dous grupos: 4 – 5 (aqueles alumnos que cumpran 4 anos antes de decembro do ano que ingresan na escola) e 6 – 7 anos (1 hora á semana).
Mediante o xogo, acércanse os distintos parámetros musicais: a altura, o tempo, a intensidade e os timbres.
O longo do ano os alumnos asisten na Escola a concertos didáctico – informativos onde coñecen as características e funcionamento de cada un dos instrumentos.
COTA MENSUAL: 22€.
Sabías que a aprendizaxe musical na idade temperá contribúe de modo decisivo
no desenvolvemento integral do teu fillo?
A música é un elemento fundamental na primeira etapa da vida dun neno. Introducida
na súa educación desenvolve a capacidade intelectual, sensorial, auditiva
e motriz. Apórtalles seguridade emocional, confianza, e potencia a memoria
e a concentración. O neno que vive en contacto coa música aprende a convivir
de mellor maneira cos outros nenos.
COTA MENSUAL: 30€.
• Para alumnos/as a partir de 8 anos, paralelamente á formación instrumental (2 días semanais, 1 hora cada día).
• Para adultos, tamén á vez que o instrumento (1 día á semana, 1 ½ hora).
COTA MENSUAL: 55€ MAIS INSTRUMENTO
Orientado a alumnos que teñan superado o ciclo de linguaxe musical (1 día á semana, 2 horas). Esta materia ampliará os coñecementos adquiridos nos cursos anteriores, afondando no análise harmónico e formal da partitura, así como intro¬ducirá ó alumno no mundo da historia da música.
COTA MENSUAL: 30€.
A todos os alumnos a partir dos 8 anos, paralelamente ó linguaxe musical (½ hora individual á semana, ampliable a 1 h).
• FRAUTA
• CLARINETE
• SAXOFÓN
• INSTRUMENTOS TRADICIONAIS: GAITA / PERCUSIÓN TRADICIONAL
• TROMPETA
• TROMPA
• TROMBÓN (A Escola dispón de dous instrumentos que cederá ós dous primeiros matriculados)
• BOMBARDINO
• TUBA
• VIOLONCELLO E CONTRABAIXO
• PERCUSIÓN (Batería, timbais, xilófono, marimba, lira e multipercusión)
• PIANO (prazas limitadas)
• GUITARRA (prazas limitadas)
COTA MENSUAL: 55€. MAIS LINGUAXE MUSICAL
• CLÁSICA
• TRADICIONAL
• JAZZ / MODERNA.
Orientado a alumnos que como mínimo teñan superado un primeiro curso de instrumento (1 hora á semana). Poderanse matricular os alumnos de calquera instrumento para formar grupos a partir de 6 músicos. Os alumnos interesados farán a súa inscrición sen facer efectivo o pago da cota, xa que a Escola organizará os diferentes grupos segundo estilos e niveis. No momento en que se confeccione o grupo farase o pago correspondente quedando os demais na lista de espera.
Orientado a alumnos/as que teñan superado o ciclo de linguaxe musical (1 día á semana, 1 hora). O obxectivo desta materia é coñecer o funcionamento das principais aplicacións informáticas destinadas ao ámbito musical, como son os editores de partituras, os secuenciadores e os editores de audio dixital.
COTA MENSUAL:22€.
A partir de 14 anos e sen necesidade de ter coñecementos musicais (1 ½ hora á semana).
Nesta materia o alumno traballará técnica vocal e repertorio de diferentes estilos a dúas e catro voces.
COTA MENSUAL: 5€.
A partir dos 8 anos e até os 14, paralelamente á linguaxe musical (1 día á semana,
1 hora). Ten como finalidade potenciar a estimulación
auditiva do/a alumno/a e desenvolver o traballo vocal en grupo
recoñecendo os elementos básicos da interpretación musical.
COTA MENSUAL: 8€.