Concertos da Escola

Presentación dos concertos da Escola

CONCERTO DE ENTROIDO NA ESCOLA

CONCERTO DE ENTROIDO NA ESCOLA

O próximo venres 21 de febreiro a Escola celebra o Entroido cun concerto ás 19h no cal participan as grandes agrupacións da Escola: Grupo de Instrumentos Tradicionais Coro Infantil Coro Sementeira Banda Xuvenil Nós xa estamos preparando o disfraz, e vós a que esperades?

Read More

CONCERTO SANTA ICÍA NA ESCOLA

CONCERTO SANTA ICÍA NA ESCOLA

Este xoves 21 de novembro celebramos a festividade de Santa Icía, patroa da música, con pequenas audicións. Durante toda a tarde, desde as 17:15 ata as 20:15 e cada media hora, o noso alumnado interpretará diversas pezas na entrada da Escola. Aproveitamos a ocasión para presentar a xa aclamada Cesta de Nadal 2019. E lembrarvos tamén o noso número de lotería: 76.005.

Read More

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2019 NA ESCOLA

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2019 NA ESCOLA

O próximo xoves 16 de maio, ás 19:30h, celebramos por adiantado as Letras Galegas cun concerto de autoría galega na Escola a cargo do noso alumnado. Desde temas tradicionais ata clásicos do noso repertorio.

Read More

CONCERTO BANDA XUVENIL SEMENTEIRA E BMMC

CONCERTO BANDA XUVENIL SEMENTEIRA  E BMMC

A Banda Xuvenil Sementeira de Cambre foi convidada a participar nun concerto xunto coa Banda Municipal de Música da Coruña. Supoñemos que imaxinades a emoción coa que iniciamos este proxecto e a ilusión que nos fai invitarvos a compartir esta experiencia con nós. Terá lugar este domingo 12 de maio de 2019 ás 12:15h no Pazo da Ópera. A entrada é de balde ata completar aforo.

Read More

VI FESTIVAL DE PERCUSIÓN

VI FESTIVAL DE PERCUSIÓN

Como xa se ven facendo nestes últimos anos, o grupo de alumnas e alumnos de Percusión desta Escola participará no Festival de Percusión que organiza o Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Este evento terá lugar o próximo venres 3 de maio ás 19 horas no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, o grupo xa está ensaiando!

Read More

CONCERTO ENTROIDO

CONCERTO ENTROIDO

Chegou a hora de sacar o disfraz e vir pasar unha tarde musical á Escola. Este venres 1 de marzo ás 19:30h celebramos o Entroido coas nosas agrupacións: a Banda Xuvenil, o Coro Sementeira e o Grupo de Instrumentos Tradicionais.  

Read More